jueves, 29 de marzo de 2012

CANTIGA DE AMIGO: Quero eu co meu amigo estar

Quero  eu co meu amigo estar
Quen o volvera a namorar
Para ondas do mar ver con el
Para ondas do mar ver con el

Quen volvese tempo atrás
Para co meu amigo estar no mar
Para ondas do mar ver con el
Para ondas co mar ver con el

Quen o volvera a namorar
Para nunha barca irmos ao mar
Para ondas do mar ver con el
Para ondas do mar ver con el

Para co meu amigo estar no mar
Teño que volvelo a namorar
Para ondas do mar ver con el
Para ondas do mar ver con el

Para nunha barca irmos ao mar
Debo eu ao meu amigo reconquistar
Para ondas do mar ver con el
Para ondas do mar ver con el

Hai que volvelo a namorar
E non volvelo a deixar escapar
Para ondas do mar ver con el
Para ondas do mar ver con el

Debo eu ao meu amigo reconquistar
Para así volver a amar
Para ondas do mar ver con el
Para ondas do mar ver con el

E non volvelo deixar escapar
Pese a que o amigo o intenta mergullar
Para ondas do mar ver con el
Para ondas do mar ver con el

2 comentarios:

  1. Perdón, Marta!
    Non descubrira que xa subiras todo. Agora xa só che podo dicir que estás a facer un traballo xenial!
    Noraboa e boas vindas á rede!

    ResponderEliminar